domingo, 23 de mayo de 2010
Vol. final
Latería coa regularidade do reloxo, pero non coñecería a sinxela beleza da irregularidade natural.
http://www.youtube.com/watch?v=k4OIoTypKVI
domingo, 9 de mayo de 2010
Vol X
Bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla bla = 110001010100010100011100111010101110001001111010101011101010111010010100011101011111110000001110101010101010101010101111001001000011010101
Fonemas precisos, musicais, quentes de significados trocados por cifras dixitais envoltas con papel de aluminio que finxe ter tacto.
lunes, 3 de mayo de 2010
Vol IX
Sae con exactitude, alumeando cando fai falta, e cando non, durme. Serán, alborada, tardiña e mediodía. Todos obra súa, luz que da vida a termos sen sentido se todo fora negro. No obxectivo noso de dominar cada recuncho e cada ciencia damos falsa vida a productos con taras.
Enerxía espida, natural, acariciando a gran bola verde e azul Vs. enerxía caduca, chatarra disfrazada de lume.
viernes, 30 de abril de 2010
Vol VIII
Amarelo. Lila. Laranxa. Azul. Rosa. Verde. Vermello. Mistura que transmite ledicia. Celulosa transformada en festa, en sorrisos sen razóns, soamente suxeitados pola beleza da forma, sen importar o contido, a razón ou o porqué.
Confeti coma péalos que voan sen sino, espertando admiración polo bonito da súa mensaxe baleira.
Vol VII
Coma nós saen del cando chove. Mentres, acurruchandiños agardan o momento. Protexidos e tranquilos. Con cemento e forza buscamos esa mesma seguridade, construimos pouco a pouco ese refuxio que nos coide do exterior. Ese recuncho que sexa soamente noso, nun caso de cuncha, noutro de ladrillo.
martes, 13 de abril de 2010
Vol VI
¿Quen non pecha os ollos? Sabes que é un home pequeno, pero é bonito pintar xigantes. Sssss... Escoita! É un murmurio... non si? Non! Non abras os ollos! Semella un murmurio pero é un torrente, si! Non é o regatiño sobre o branco da bañeira! Son os cabelos da cascada! Torrente, ruido, forza e paixón. Ssss... coidado coa escuma... non abras os ollos.
Gotiña a gotiña, recorrendo tubos coma ríos, fuxindo sen remedio, afundíndose no sumidoiro do río.
Vol V
E recordaba aquela tarde de raios, que doraban a pel ata diluila. Só se escoitaban os bicos da mar e os pes sobre a area, unha pisada tras outra. Lonxe de todo o demais. Unha a unha tamén, gran a gran, cunchas esmoreadas de tacto de meixela. E cheiraba a café. Café con area sabor azucre.
Miúdiños eles. Esmagallados e estrullados coa forza do mar e coa forza das mans. Doce recordo de mar en gran.
Vol IV
Bla bla bla bla, blabla, bla bla! Unha historia que acontece polos sentimentos e as emocións intrínsecos a nós. Nacemos con eles, aínda que moitas veces non sexamos quén de describilos coas verbas axeitadas. Bla, bla, bla, bla. E chegou... e foise...
Da situación vaise a escritura e da escritura ó libro. Unha cadea de representacións cada vez máis abstractas e artificiais.
martes, 23 de marzo de 2010
Vol III
Púas como céspede. Plástico como cabelos, un a un, colocados pola natureza dun xeito perfecto. Harmonía acompasada. Nota, silenzo, nota, silenzo, nota, silenzo... Pelo, pel, pelo, pel, pelo, pel... Herba, terra, herba, terra, herba, terra...
Creando intentámonos alonxar da irregularidade. Cada cousa no seu sitio, precisión milimétrica. Púa, espazo, púa, espazo, púa, espazo...
lunes, 15 de marzo de 2010
Vol II
Quítase o contido e deixamos o continente, ¿que nos queda? Unha forma de curvas femininas esvelta e proporcionada. Unha calzada que trepa á montaña, a copa que se che rompeu aquel día, os soños arquetéctonicos de Gaudí, aquela escaleira de caracol... ou mesmo iso. Si, iso, a botella que tes nas mans. Feita coma ela.
Silueta que zigzagea ata afundirnos nela.
Vol I
Nós. Un labirinto de tubos. Van e veñen. Líquidos, gases, enerxía, calor. Van e veñen. Sen esgotarse, ¿ou si? Nós posuidores de tubos e creadores deles, imperfectos coma nós. Nós como máquinas, deshumanizados ata reducirnos a sinxelos sistemas que reproducimos na nosas creacións.
Sen deixar clara a liña que separa a cosificación da humanización.
