martes, 23 de marzo de 2010

Vol III

Púas como céspede. Plástico como cabelos, un a un, colocados pola natureza dun xeito perfecto. Harmonía acompasada. Nota, silenzo, nota, silenzo, nota, silenzo... Pelo, pel, pelo, pel, pelo, pel... Herba, terra, herba, terra, herba, terra...

Creando intentámonos alonxar da irregularidade. Cada cousa no seu sitio, precisión milimétrica. Púa, espazo, púa, espazo, púa, espazo...

lunes, 15 de marzo de 2010

Vol II

Quítase o contido e deixamos o continente, ¿que nos queda? Unha forma de curvas femininas esvelta e proporcionada. Unha calzada que trepa á montaña, a copa que se che rompeu aquel día, os soños arquetéctonicos de Gaudí, aquela escaleira de caracol... ou mesmo iso. Si, iso, a botella que tes nas mans. Feita coma ela.

Silueta que zigzagea ata afundirnos nela.

Vol I

Nós. Un labirinto de tubos. Van e veñen. Líquidos, gases, enerxía, calor. Van e veñen. Sen esgotarse, ¿ou si? Nós posuidores de tubos e creadores deles, imperfectos coma nós. Nós como máquinas, deshumanizados ata reducirnos a sinxelos sistemas que reproducimos na nosas creacións.

Sen deixar clara a liña que separa a cosificación da humanización.